AQUÍ E AGORA

Para Galiza ter voz propia.

As persoas que vivimos aquí e traballamos coa linguaxe, sexa no pensamento, na ciencia ou nas artes, temos perante nosa unha responsabilidade co noso país.

Herdamos unha responsabilidade que nos pasan as anteriores xeracións desde hai moitas décadas cando, liquidado o reino e reducido a catro provincias sometidas á corte borbónica rebeláronse contra a situación de desvalemento do noso país. “Galicia, arrastrando hasta aquí una existencia oprobiosa, convertida en una verdadera colonia de la corte se levantará de su humillación y abatimiento”. Os intelectuais xa en 1846 tiveron conta dun país indefenso ante un poder alleo e negador da nosa existencia mesma, contrario aos nosos intereses e que vivía de parasitar os nosos recursos. Xeracións posteriores, como a de Rosalía de Castro e as que mantiveron no século pasado continuaron esa responsabilidade tan pesada como necesaria e honrosa. Si, esa tarefa chega a nós. Podemos aceptala ou entregarnos á submisión e o aceptamento dunha situación histórica evidentemente inxusta.

Porque temos acceso a información e o noso traballo está no pensamento, non podemos ignorar que a constante perda de persoas, oportunidades e recursos propios e empresas, case sempre en beneficio da oligarquía parasitaria da corte madrileña, entrou nunha nova fase co debilitamento político do país. A democracia constrúese de abaixo a arriba e na nosa situación comeza por termos organizacións soberanas propias. O abandono dese principio democrático básico conduce á nosa indefensión, non haberá liberdades para quen viva aquí nin defensa dos nosos intereses fronte a un expolio histórico continuado. A proba vímola na desaparición da representación propia de Galiza no parlamento español, supuxo unha grande indefensión e un retroceso en todos os planos.

E por iso queremos mostrar o noso apoio a unha candidatura que non nos ofrece dúbida de que é progresista, soberana e nacional galega. Non podemos ignorar o estarmos dentro dun contexto de reforzamento do centralismo madrileño, o dominio case absoluto dos medios de comunicación cortesáns crea un imaxinario e uns debates controlados desde alí que exclúen a nosa mesma existencia como persoas e como país. Na España mediática, a Galiza coa súa personalidade e as súas necesidades e organizacións non existe.

Nestes anos o BNG resistiu como practicamente a única mostra de que a Galiza é un país con personalidade política propia, unha nacionalidade histórica que quere e necesita ter expresión política propia e soberana para defender a súa mesma existencia.

Non podemos aceptar o que nos repiten: que abandonemos a esperanza de vivir nunha terra con futuro, capaz de xestionar os nosos recursos e destinos nosos e os das xeracións vindeiras que podan ter unha vida digna nesta terra nosa. Non renunciamos ao autogoberno e a ter poder político propio, sen sometemento ás consignas que cheguen do centralismo madrileño.

Apostar polo BNG é un voto seguro. Ninguén discutirá a súa longa defensa dos nosos intereses e a penetración ao longo e extenso do país e das distintas xeracións a súa firmeza na defensa dos nosos intereses individuais e colectivos. Apostar polo BNG é o mellor e máis seguro modo que coñecemos de garantir a existencia e a presenza política do noso país alí onde se decida o noso futuro. Porque é sabido que o BNG, na hora de defender o país, non dubida e non falla.

Asina!

PROMOTORAS E PROMOTORES DO MANIFESTO:
Adela Leiro, escritora
Adrián Silva Magdalena, músico
Afonso Becerra, dramaturgo e investigador
Afonso Eiré, escritor e xornalista
Alberte Ansede
Alberte Blanco Casal, escritor
Alberte Branco, cineasta
Alberte de Boiro, xestor cultural
Alfonso Villanueva Esperón, "Ferro", xestor cultural
Alfonso Zarauza, director de cine
Alfredo López, “Tokio”, ilustrador
Ana Cabaleiro, xornalista e escritora
Ana Estévez, técnica de museos
Ana Lamas Picos, artesá
Ana Seoane Suárez, artista plástica
Anselmo López Carreira, historiador
Antón Cortizas, escitor de literatura infantil
Antón Pedreira, libreiro e xestor cultural
Antón Riveiro Coello, escritor
Antonio Manuel Fraga, escritor
Anxo Xesteira Serrano, músico
Anxos Fazáns, cineasta
Anxos Sumai, escritora
Aquilino S Alonso Núñez, profesor Uvigo
Artur Trillo, actor e director teatral
Beatriz Maceda, escritora
Camiño Noia, escritora e professora
Cano Paz, libreiro
Carlos Babío, investigador e activista da memoria
Carlos Besada, artista plástico e galerista
Carlos Caetano Biscainho-Fernandes, escritor e rofessor da UdC
Carme Adán, escritora
Carme Rey, guionista e produtora
Carmen Penim, produtora e cantautora
Caxade, músico
César Cambeiro, Actor
Cesáreo Sánchez Iglesias, escritor
Chus Costoia, libreira
Daniel Asorei, escritor
David Otero, escritor
Duarte Correa Piñeiro, ensinante e analista política internacional
Eduardo Pérez Baamonde, pintor e ilustrador
Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán”, actor
Eli Ríos, escritora
Elvira Souto, escritora e activista
Emma Pedreira, escritora
Faia Díaz, cantante
Fani Triana, ilusionista
Francisco Rodríguez, professor e ensaísta
Gonzalo Pérez, libreiro
Guillerme Ignacio Costa, músico
Henrique del Bosque Zapata, escritor
Henrique González Martínez, guitarrista d´Os Novos
Imma Antonio, actriz e dramaturga
Iria Pinheiro, actriz e cantante
Isaac Estraviz
Isabel Risco, actriz
Jesús Manuel López Expósito, cantante dos Rastreros
Joam Francisco Lopes, historiador
José María Monterroso Devesa, escritor
Juan Manuel Parcería Martínez, cineasta e escritor
Kike Mauricio Iglesias, contador
Kiko da Silva, historietista, ilustrador e director editorial
Laura Tato, escritora e profesora da UdC
Leandro Lamas Hermida, pintor e actor de teatro
Lois Dieguez, escritor
Lola de Ribeira, música
Lola Dopico, directora de ESDEMGA
Lucho Penabade, farandulista
Lucía Novas, escritora
Luís Chapela, activista memoria Moaña
Luis Henrique Correa Piñeiro, Caruncho, músico
Mª Antonia Pérez, escritora e profesora da UdC
Mª Xosé Bravo, presidenta da A.C. Alexandre Bóveda
Mª Xosé Canitrot
Mago Antón, mago
Magoia Bodega Pérez, Treixadura
Manolo Pipas, poeta
Manuel Ferreiro, escritor e profesor da UdC
Manuel Figueiras, pintor
Manuel Lourenzo González, escritor
Manuel Monge, sociólogo, activista da memoria histórica
Manuel Sendón, fótógrafo e profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra
Manuel Vilar, antropólogo
Manuel Xestoso, escritor, tradutor e crítico
Mar Pérez Fra,profesora USC e investigadora
Marcos Abalde Covelo, poeta, dramaturgo
Marcos Gallego, cineasta
Marcos Otero Paino, músico
Margarita Ledo, directora de cine, escritora e xornalista
María do Carmo Fernández Pérez-Sanjulián, escritora e professora da UdC
María Gaiteiro Moure, activista cultural
María Lado, escritora e actriz
María Reimóndez, escritora
Maribel Tato, libreira
Marica Campo, escritora
Marina Oural, artista
Marta Dacosta, escritora
Martín Camiña, ilusionista
Matías Rodríguez da Torre, activista da memoria
Mercedes Queixas, escritora
Miguel Fraguas, músico
Miguel Pernas, actor
Mini Rivas, músico e deputado
Miriam Ferradáns, escritora
Miro Casavella, músico
Miro Villar professor de Lingua e literatura e escritor
Mon Daporta Padín, debuxante
Mónica Alonso, artista
Montse Fajardo, escritora e xornalista
Navia Rivas, escritora e música
Olga Castro, profesora e escritora
Olga Nogueira, música
Óscar Fojo, cantautor
Pablo Carracedo, "Jasper Nao", mestre e músico
Patricia Gamallo, música e educadora
Paula Pereira, artista
Paulo Nogueira, músico
Paulo Rodríguez, xestor cultural e director do Teatro Rosalía de Castro
Pepe Carreiro, debuxante e guionista de banda deseñada
Pepe Penabade, actor
Pilar Allegue, escritora e profesora
Pilar García Negro, escritora e profesora
Pilar Pallarés, escritora
Quique Costas, profesor UVigo e escritor
Rafa Vilar, escritor
Ramón Caride Ogando, escritor
Ramón Ermida, escritor e investigador
Ramón López Suevos, economista
Ramón Nicolás, profesor, escritor e crítico literario
Raquel Castro Martínez, profesora e escritora
Roberto Pascual, director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia
Rubén Fernández Monteagudo, músico
Sagrario Pérez Alvelo, música
Saleta Goi, presidenta da Fundación Manuel María
Suso de Toro, escritor
Suso Novás, xestor cultural
Tamara Andrés, escritora e tradutora
Ugia Pedreira, música
Vanesa Sotelo, dramaturga
Vicente Vázquez Diéguez, escritor
Vítor Nieves, fotógrafo e curador
Vitor Vaqueiro, escritor
Xabier Queiruga, editor
Xaneco Tubío, músico
Xaquín Moreda, músico
Xaquín Xesteira, músico Treixadura
Xerardo Dasairas, escritor e investigador
Xerome Calero, actor teatral
Xesús Constela, escritor
Xesús Sanxóas Formoso,avogado e activista cultural
Xoán Carlos Garrido, profesor, ensaísta e activista da memoria
Xoán Chillón, activista memoria Cangas
Xoán Quintáns, director Festival Revenidas
Xosé Abilleira, profesor e activista da memoria
Xosé Bieito Álvarez Lobariñas, músico tradicional e regueifeiro
Xosé Farruco Graña Rama, profesor e escritor
Xosé Lois García, escritor
Xosé Lois Ledo Andión, xerente Nós, produtora cinematográfica galega
Xosé Luis González Roma (Liso), director Festival Xironsa
Xosé Luís Vázquez (Che), editor, deseñador e fotógrafo
Xosé Manuel Sánchez Rei, escritor e profesor da UdC
Xosé María Gómez Clemente, profesor da Universidade de Vigo
Xosé Ramón Freixeiro Mato, escritor e profesor da UdC
Xurxo Souto, músico e escritor