man

Desde Galiza con voz propia

A sociedade galega sabe que se o BNG está, Galiza está. Nós imos a Madrid para exercermos de galeg@s. Con dignidade, defendendo sen ataduras nin interferencias o noso país. @s galeg@as non teñen que escoller entre que Galiza conte con voz propia e desaloxar a Rajoy da Moncloa. Pódense facer as dúas cousas nunha única papeleta: a do BNG-Nós Candidatura Galega. O BNG desenvolveu un intenso traballo a favor do pobo galego; foi durante vinte anos a voz da súa clase traballadora, das persoas e sectores máis desprotexidos. Somos o único voto útil para Galiza.

tesouras

Para gañarmos o presente

O noso é un país rico e con futuro, con recursos e capacidade para saír adiante e construír un presente de benestar para galegos e galegas. Mais para iso precisamos existir politicamente, ter voz propia. Somos un país digno que non vai a Madrid pedir esmola. Esiximos respecto e xustiza para Galiza. Temos dereito a vivir dignamente do noso traballo na nosa terra. @s galeg@s non merecemos ter as pensións máis baixas do Estado ou facer continuamente as maletas da emigración xuvenil. Para lle dar a volta a esta situación temos que poder decidir nós sobre o noso.


galizaglobo

É tempo da esperanza

Queremos unha vida diferente nunha nación libre e orgullosa. Dona de si, que se expresa na nosa lingua e contribúe ao pensamento universal desde unha cultura propia. Temos enormes recursos e capacidades para xerar riqueza e emprego, para garantir igualdade e xustiza social. Con outras políticas seriamos unha potencia en moitos ámbitos: produción enerxética, alimentar, tecnolóxica, etc. Está nas nosas mans. BNG-Nós Candidatura Galega é a aposta por un proxecto político propio, exemplo de seriedade e rigor, de compromiso claro co país, de capacidade de diálogo e con Galiza como razón de ser.


27 Xuño, 2016
Cualifica de “malos” os resultados nun contexto “especialmente adverso” para o nacionalismo, e insta a todas as persoas que sintan o país a traballar unidas…

Read more

26 Xuño, 2016
Pontón: “Animo a votar con convicción, con ilusión e con esperanza, para afrontar os retos que como sociedade temos por diante” Callón: “Que cada quen…

Read more

24 Xuño, 2016
Mitin-concerto de peche en Pontevedra ante centos de militantes e simpatizantes para demostrar a confianza “nas nosas propias forzas”